Bouvard e Pécuchet?

Bouvard et Pécuchet é o título da última novela de Gustave Flaubert, a máis profunda deste autor, a máis coidada, a máis longa; quizais por iso a menos comprendida.
Velaquí cal é a idea e o desenvolvemento deste estraño e enciclopédico libro, que podería levar como subtítulo: «Da falta do método no estudo dos coñecementos humanos». Dous copistas empregados en París atópanse por casualidade e acábanse prodigando unha estreita amizade. Un deles recibe unha herdanza, o outro achega as súas economías; compran unha granxa en Normandía, soño de toda a súa existencia, e abandonan a capital. Entón comezan unha serie de estudos e de experiencias que abarcan todos os coñecementos da humanidade. Dedícanse primeiro á xardinería, logo á agricultura, á química, á medicina, á astronomía, á arqueoloxía, á historia, á literatura, á política, á hixiene, ao magnetismo, á bruxería; chegan á filosofía, pérdense en abstraccións, caen na relixión; desgustados, intentan a educación de dous orfos, pero fracasan e, desenganados, desesperados, volven copiar coma noutrora.

(Suplemento literario Gaulois, 6 de abril de 1881)

No comments
Comments are closed.